We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Para unha vez que sa​í​mos

by Familia Caamagno

/
1.
E para unha vez que saes “non saio máis!” Andas a hostias, andas cara atrás E para unha vez que saes “non saio máis!”, Foi todo ben pero tes malestar Levas mil e unha noites sen durmir! Tegno sono estou enfermo déixame en paz, ide vós, que vaia ben, que máis vos dá Xa me cogneces son así cando se fala de saír, gustaríame saber dicir que non! E para unha vez que saes “non saio máis!” Andas a hostias, andas cara atrás E para unha vez que saes “non saio máis!”, Foi todo ben pero tes malestar Levas mil e unha noites sen durmir! Hoxe non, érgome cedo, de verdade Estou vendo que o chequeo vai dar mal Xa me cogneces son así cando se fala de saír, gustaríame saber dicir que non! Os domingos danme noxo se recordo o que pasou, entre vasos e pitillos declareime e enfadeime sen razón
2.
Segue o mar a bater, segue e ten presa por vencer, mira esas rochas non poden máis, xa son area e non poden máis Sei falar miña nai daquel traballo daquel verán pero xa non sei facer o pan, eu sólo sei comer o pan El marchouse para Laussanne, el verame a min marchar Quen nos aprendeu a perder, papá? Lembra o seu nome e ese lugar, que non dixo que hai que perdoar, non sabía máis Segue o mar a bater, segue e ten presa por vencer, mira esas rochas non poden máis, xa son area e non poden máis Somos netos de aquel que xa non oe e xa non ve, foi con vinte anos e gagnou, contra o seu bando e gagnou El marchouse para Laussanne, el verame a min marchar Quen nos aprendeu a perder, papá? Lembra o seu nome e ese lugar, que non dixo que hai que perdoar, non sabía máis
3.
Aqueles que chamas mods porque van na Lambretta, é xente que viste caro e acaba na cuneta Aqueles que bailan raro con motos vellas, con motos raras, non tegnen que facer, non son rocker, son macarra Sabes ben que quero dicir! EU MOTO RUN-RUN Aqueles que van de chandal no seu motorillo non digo que dean noxo ou que non sexan listos Aqueles que pognen o casco na punta do brazo, en calquera atasco, son eses do escape furado, barullo amazo Sabes ben que quero dicir! EU MOTO RUN-RUN Aquí son eu quen manda coa migna Rabassa Nin Harley, nin Gucci, nin hostias, a migna é a que arrasa Me cago nos carteiros, son catro amigos, non son moteiros Calquera que me faga sombra remata nun roleiro Sabes ben que quero dicir! EU MOTO RUN-RUN
4.
Eh! Monstro subnormal, mira que plan Namoreime del que lle vou facer Eh! Monstro subnormal non quere facer o mal Agora estou por el que lle vou facer Uh-ah! Monstro subnormal non o asustes que se pon a chorar Uh-ah! Monstro subnormal esta noite vai quedar a estudiar Estudiar e traballar, traballar de comercial e mirar de cotizar! Eh! Monstro subnormal está coma un flan Namoreime del que lle vou facer Eh! Monstro subnormal bastante pena dá Agora estou por el que lle vou facer Uh-ah! Monstro subnormal non o asustes que se pon a chorar Uh-ah! Monstro subnormal esta noite vai quedar a estudiar Estudiar e traballar, traballar de comercial e mirar de cotizar! Uh-ah! Uh-ah! Uh-ah! Uh-ah! Monstro subnormal non o asustes que se pon a chora Uh-ah! Monstro subnormal esta noite vai quedar a estudiar Estudiar e traballar, traballar de comercial e mirar de cotizar o subnormal!
5.
Non vou darche de comer, se hai fame ponte a cazar. Non son un can ó que prender, nin diós me vai amansar e neste monte quen me vai parar Xa estou aquí ponte a tremer, oio ó teu bebé chorar Non tes nada que perder, só che queda ser un máis e neste monte quen te vai parar Este é o Tempo do Lobo é propio para cambiar, hai lúa chea esta noite, hai que ouvear Non vou darche de comer, se hai fame ponte a cazar Non son un can ó que prender, nin dios me vai amansar e neste quen me vai parar. Este é o Tempo do Lobo é propio para cambiar, hai lúa chea esta noite, hai que ouvear
6.
Imos indo sen dirección, aquí non deixamos nada Nin sequera unha relixión moderna e sofisticada Sabemos voar e falta que fai Non temos moito autocontrol tampouco apetece nada Non temos referentes bos nin posturas nada claras Sabemos voar e falta que fai Podes vir con nós imos viaxar cara magná Non o penses máis come daquí amor Ata magná cara o magná ata magná cara o magná Xa temos toda a información enterrámoste en palabras Anque non temos filtros bos bo é que tegnamos calma Sabemos voar e falta que nos fai Podes vir con nós imos viaxar cara mañá Non o penses mais come daquí amor Ata magná cara o magná ata magná cara o magná

credits

released March 4, 2016

Editado por Lixo Urbano

Todos os temas compostos por Familia Caamagno.

Producido, gravado, misturado e masterizado por Jorge Explosión entre setembro e outubro do 2015 nos senlleiros estudios Circo Perrotti de Xixón.

Manuele Caamagno: Voz e saxofón
Jess Caamagno: Guitarra de punteo
Francesco Caamagno: Guitarra de ritmo e coros
Lano Caamagno: Guitarra baixa
Toni Caamagno: Batería e coros

Coa inestimable colaboración de:

Jorge Explosión: Pandeiretas, maracas, palmas, percusión vocal, coros e solo de guitarra + sons arrepiantes en Monstro Subnormal.
David Baldo: Coros
Arturo Baum: Palmas

Desegno: Guillotina Estudio
Fotografía: Úrsula Prego

license

tags

about

Familia Caamagno Galicia, Spain

contact / help

Contact Familia Caamagno

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Familia Caamagno, you may also like: